25.1.13

FINA CASALDERREY, UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA


fina casalderrey
       A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
 Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!


Vía REDE LECTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Novidades na Biblioteca

⚠️📣 Pois estas son as últimas #novidades que adquiriu a biblioteca mediante o programa #PLAMBE2526 . Algúns destes exemplares veñen subst...