14.2.25

First Dates Literario





Hai quen pensa que é o día máis romántico do ano e quen o considera un invento do Corte Inglés. Na Biblio e no EDLG pareceunos que o Día dos Namorados era unha boa data para ter unha cita a cegas cun libro e celebrar o amor pola literatura.


Por iso, esta mañá, no recreo, organizamos o noso particular First Dates Literario, no que as persoas participantes debían escoller un libro sen deixarse levar polas apariencias da portada e coñecendo soamente unhas pinceladas sobre o seu contido. 

Foron moitas as citas literarias desenvolvidas e semella que nalgúns casos xurdiu o amor! Agardamos que as persoas participantes desfruten dos compañeiros literarios que escolleron para esta finde!



     





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do Naturismo Galego

  ⚠️📣 O alumnado de #BioloxíaeXeoloxía de #1ºdeESO do @ies.cabo.ortegal conmemorou este #9demarzo o #DíadoNaturismoGalego cunha mostra...