11.2.25

11F. Ciencia en feminino


ENCONTRO COAS NAIS DO ALUMNADO



Hoxe, 11F, é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data para visibilizar o labor das mulleres nun eido no que a miúdo foron pouco valoradas.

E que mellor que comezar recoñecendo o traballo das mulleres que temos preto? 

Onte pola tarde convidamos a un grupo de nais de alumnado de diferentes cursos a vir ó centro falar coa rapazada e compartir as súas experiencias en distintos ámbitos científicos, como a Medicina, e Economía ou a Física. 

A actividade desenvolveuse en dúas sesións e estivo dirixida a todo o alumnado de ESO e Bacharelato, que puido aproveitar, ademais, para preguntar as súas dúbidas sobre eses campos do saber. 

Grazas, Laura, Nuria, Silvia, Patricia e Ana pola conversa e por ser referentes para as científicas pixinas do futuro!



A actividade foi organizada en colaboración co Club de Ciencia e co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do Naturismo Galego

  ⚠️📣 O alumnado de #BioloxíaeXeoloxía de #1ºdeESO do @ies.cabo.ortegal conmemorou este #9demarzo o #DíadoNaturismoGalego cunha mostra...