19.11.24

Micro Aberto con Pablo Martínez


TOLOS POLAS ESTRELAS

 


No marco do Mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas, o pasado venres, 15 de novembro, inauguramos os Recreos de Micro Aberto deste curso con Pablo, profe do Departamento de Xeografía e Historia e membro do Club de Ciencias.

Pablo compartiu con nós datos moi interesantes sobre unha das súas paixóns, a Astronomía, e tódalas persoas que asistimos agora sabemos un pouquiño máis sobre este campo. 

Ademais de contarnos cousas fascinantes, amosounos as súas magníficas fotos do ceo.

Xa estamos desexando unha saída para ir ver as estrelas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Novidades na Biblio!

⚠️📣 E para retomar a hora de ler noeste trimestre, aquí vos presentamos algunhas novidades que xa podeses coller no carro que está á entr...