O mércores 15 de maio de 2024, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño fixeron pública a resolución da cuarta edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, que se pode consultar na web do noso instituto.
Dende aquí queremos darlle os parabéns a tódalas persoas premiadas, especialmente a Alejandro Rubido (3º ESO) e Ana Romero (1º BAC), os galardoados do noso centro, que resultaron gañadores na modalidade de fotografía das categorías 2 e 3, respectivamente.
Recolleron os seus premios durante o Festival das Letras Galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario