Durante o Mes da Ciencia en Galego, a Biblioteca converteuse nun lugar para a experimentación da man dos membros do Club de Ciencias. O alumnado de 4º ESO e de Bacharelato que participa neste Club, xunto co profesorado, deunos a coñecer algúns fenómenos curiosos a través de diversos experimentos.
Velaquí algunhas mostras do que sucedeu na Biblio en novembro:
Un grupo de alumnado de 4º ESO, encabezados por Hugo F., explicounos o fenómeno da difracción a través de dous experimentos:
Zoe, Alba, Kiara e Laura, de 1º de Bacharelato, fixeron subir a temperatura da Biblioteca ó lograr prenderlle lume a un billete sen que este ardese:
Pola súa banda, Lucas, Javi e Carme, de 2º de Bacharelato, tamén fixeron maxia co lume dunha candea:
Patri, a nosa profe de Física e Química, deixounos coa boca aberta ó experimentar con xeo carbónico e amosarnos como sublima o dióxido de carbono:
Anxo, Hugo P. e Mateo ensináronnos como se comportan os fluídos non newtonianos e as correntes de convección:
Sara A. e Sandra, de 1º e 2º de Bacharelato, respectivamente, amosáronnos unha expectacular escuma de elefante e ensináronnos a apagar unha candea con dióxido de carbono e a mover unha pelota coa vibración de diapasóns:
Non hai límites de coñecemento para esta rapazada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario