14.12.23

Recomendacións lectoras para o Nadal

 

Estamos xa ás portas das vacacións!!

Ocórreseche un plan mellor ca un bo libro para pasar unha tarde de chuvia e frío ou para agasallar a unha amiga invisible?

Se estás indicisx e non sabes cal escoller, tranquilx! Nos próximos días varios estudantes de Bacharelato pasarán pola nosa conta de Instagram (@bibliotecaortegal) para axudarche a escoller a lectura que máis che preste.



Comezaron hoxe Anxo (1º de BAC), que nos invita a ler A divina comedia, de Dante, e Carmen (1º BAC), que recomenda El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger.


Cada día atoparedes unha nova recomendación no Instagram. Estade atentxs porque hai para tódolos gustos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Marcapáxinas para celebrar o Día do Libro

⚠️📣 Para conmemorarmos o #DíadoLibro as alumnas voluntarias da biblioteca fixeron uns #marcapáxinas para toda a comunidade educativa. Nos...