13.12.21

Resumo dun mes científico

ADEUS, NOVEMBRO!


Neste inicio de decembro, botamos a vista atrás e recordamos as actividades que desenvolvemos durante o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas en colaboración con outros equipos do centro.  
 
 
 
Comezabamos co concurso musical "Ponlle música á Ciencia", organizado en colaboración co Departamento de Música, o EDLG e o Club de Ciencias, no que os participantes debían versionar unha canción da súa escolla e cambiarlle a letra por outra de temática científica en galego. Os traballos gañadores déronse a coñecer o 22 de novembro, coincidindo co Día da Música. O noso alumnado púxollo moi difícil ó xurado porque había traballos xeniais!
 
 
 
 
 
 
 
 



 

O 2 de novembro a rapazada de 4º ESO asistía ó webinario "Poden pensar as máquinas?", impartido por Senén Barro Ameneiro, Director do CITIUS.




 
 
Entre o 9 e o 19 de novembro tivo lugar a segunda edición do concurso "En busca do enigma perdido", unha das actividades que máis expectación esperta entre o alumnado. Cada día propuxémoslles na porta da Biblio un enigma que tiñan que descifrar para poder ir gañando puntos e avanzando na clasificación. E como novidade este ano, xunto ós enigmas científicos, incorporamos os  lingüísticos.

 
 




 

 
 
 
 
Pechamos o Mes da Ciencia co II Campionato do Cubo de Rubik, que tivo lugar o venres 3 de decembro cun éxito de participación.


 

 
E como non podía ser doutra maneira, neste mes tamén houbo lugar para a lectura. O Equipo da Biblio instalamos un Recuncho de Ciencias na entrada do instituto, no que expuxemos unha selección de obras de temática científica.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...