12.10.19

SOUL E LITERATURA: UN PASEO, ENTRE LIÑAS, POLA MÚSICA NEGRA


Esta semana recibimos na nosa biblio a Black Galicia, dentro do programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”.



Presentáronnos un espectáculo de música acústica que leva por título Soul e literatura, un paseo, entre liñas, pola música negra. Iria Mejuto coa súa voz e Richi Rozas á guitarra fixéronnos gozar cun concerto didáctico no que mesturaron a lectura de pasaxes da literatura que fan referencia á musica e a interpretación de temas que os nosos alumnos desfrutaron moito. Todo isto acompañado dunha posta en escena moi interesante.






Foi un fermoso concerto que se alargou algo máis do previsto porque así o desexou o noso alumnado.




Deixamos algunhas imaxes máis como mostra da viaxe que nos fixeron por melodías da música negra, da sensibilidade que mostraron e os bos momentos que nos fixeron pasar.




Moitas gracias por todo.



Foi un pracer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...