5.10.19

FORMACIÓN ALUMNOS DE 1º ESO

A primeira actividade da nosa biblioteca neste ano, foi a de familiarizar e formar no uso da biblioteca aos novo alumnos de 1 da ESO.




En primeiro lugar, falamos sobre o seu concepto de biblioteca e acerca da súa experiencia con estes espazos, sobre todo coa da súa escola e coa municipal. Tamén nos contaron a súa relación cos libros e que lles gusta ler.

A continuación, fixemos algúns exercicios para aprender o modo no que colocamos os fondos da biblioteca. Mostrámoslles como se distribuían estes por materias e como se organizan. Para isto, tiveron que coñecer que significan as siglas CDU (Clasificación Decimal Universal) e o significado dos códigos que aparecen nos tejuelos.






Por último, tiñan que poñer en práctica todo o que tiñamos aprendido, así que, por equipos, puxemos en práctica a busca de libros. Tiveron que atopar fondos segundo a súa signatura ou segundo o seu título e nome completo do autor/a.





Rapaces, espero que teñades máis claro a organización da nosa biblioteca e que nos visitedes con frecuencia. ¡Agardámosvos!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...