5.6.14



6 XUÑO. DÍA D.
70 ANOS DO DESEMBARCO DE NORMANDÍA
 Foi o principio do triunfo aliado na 2ª Guerra Mundial.


    Os soldados estadounidenses, británicos e canadenses desembarcaron nas praias con nomes en clave Omaha e Utah (estadounidenses), Sword e Gold (británicos) e Juno (canadenses). Neste desembarco participaron pouco máis de 100 000 soldados do I Exército estadounidense, 58 000 soldados do II Exército británico e 17 000 soldados do Exército de Canadá. Á noitiña á cabeza da praia estaba tomada e durante as semanas seguintes desembarcaron miles de soldados aliados.

Para saber máis:


Películas:
Salvar al soldado Ryan (https://sites.google.com/site/ortegalendopeliculas/s)
El día más largo 
El desafío de las águilas





5 DE XUÑO

 

Temos que cambiar a nosa actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.





O escritor irlandés John Banville, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2014


O escritor irlandés John Banville foi galardoado onte 4 de xuño  en Oviedo co Premio Príncipe de Asturias das Letras 2014. O xurado destacou do autor de "O mar" e "Antiga luz" a súa intelixente, fonda e orixinal creación novelesca.
A candidatura de Banville impúxose nas roldas finais da votación ao xaponés Haruki Murakami e ao inglés Ian MacEwan. Vinte candidaturas procedentes de catorce países optaban ao premio nesta edición.



30 ANOS DE “BORN IN THE USA”
      O 4 de xuño foi o 25 aniversario do albúm “ Born in the USA” de Bruce Springsteen do que xa leva vendido máis de 30 millóns de copias en todo o mundo. Este traballo converteuno na estrela do rock que é hoxe en día.
     A canción Born in the USA converteuse nun himno e una das más importantes cancións da música rock  e é tamén unha das cancións máis mal interpretadas; xa que debido o seu ritmo militar para moitos estadounidenses  tratábase dunha composición patriótica, aínda o que realmente facía a través da súa letra  era deixar en evidencia a vergoña que significou para Estados Unidos a  derrota na guerra de Vietnam. 



4.6.14

Do ferrolenglish,
Brus, chepos e filispín
Unha pequena sinal de identidade da comarca ferrolá é a fala* na que destaca, por enriba de todo, un vocabulario moi característico, e que, ademais, forma parte do noso patrimonio persoal, familiar e veciñal; ó usarmos este vocabulario identificaranos coa comarca á que pertencemos,  e polo tanto, sérvenos como unha forma de identificación,  aínda que, moitas veces este vocabulario non se comprenda fóra da bisbarra.
De entre todas as expresións ou vocabulario característico desta zona hai unhas cantas palabras que son de orixe inglés e que aniñaron aquí, debido á presenza de enxeñeiros ingleses que estaban a traballar nos estaleiros  a comezos do século vinte;  o propio Torrente Ballester  conta no seu libro Dafne y ensueño que lle chamaba “chonis” (do inglés Johnny) ós nenos ingleses  cos que xogaba na praza de Amboaxe cando era neno.
No meu patrimonio lingüístico persoal, son tres desas palabras de orixe inglés as que están gravadas na miña memoria; no ámbito familiar sitúo as palabras “brus” e “ chepos”, ás que recordo oír por primeira vez nos beizos dos meus pais sendo eu moi nena, mentres que a palabra  “filispín”  escoiteina a unha compañeira de instituto, que era de Mugardos e que sempre que saía do instituto para coller a lancha para a vila dicía “voume a todo filispín”.  A palabra “brus” ven do inglés brush  que é un cepillo de púas moi duras para fregar patios; “chepo” deriva da palabra inglesa shepherd, que significa pastor, e era deste xeito como os mesmos ingleses dos estaleiros chamaban ós vixiantes no traballo, e, co tempo, pasouse a chamar así ós policías municipais en Ferrol;   e finalmente “filispín”, do inglés full speed, que significa a toda présa, e seguramente, era unha expresión que os obreiros ferroláns verían escrita nas numerosas máquinas de orixe inglés que había nos obradoiros .
Estas tres palabras son un bo exemplo de aquilo que hai que sempre  ter presente cando se está a piques de estudar unha lingua, e que son dos puntos que, xeralmente, esquecemos;  en primeiro lugar, temos que lembrar que a lingua é algo vivo, que pode emigrar e pode adaptarse para sobrevivir, e, en segundo lugar  o estudo do contexto e a cultura da lingua que estamos a aprender debe ser  paralela ao estudo da súa parte lingüística.

* El ferrolano. Un estudio del habla local, de Guillermo Ferrández  editado en Ferrol por editorial embora en el 2002.
Péndulo painting. 1º ESO
UNHA COMPAÑEIRA INCREÍBLE: 
ANA D. RODRÍGUEZ

Ana é na actualidade profesora de Plástica no IES Aquis Querquernis de Bande en Ourense. 
Eu fun compañeira desta magnífica, innovadora, enxeñosa e talentosa profesora que todos os anos me sorprende cos seus traballos.
Ollando o seu traballo, o cal sigo no seu blogue http://plasticlass.blogspot.com.es/ e que dignifica a profesión de profesor, fai que me lembre do marabillosa que esta profesión. Sinto envexa dos seus alumnos.


XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...