Trinta anos de novela negra galega
Os escritores
de relato policial defenden a vixencia e o carácter pioneiro de «Crime en
Compostela», que abriu en 1984 o camiño dos xéneros populares.Fundou un camiño, si, pero cre que «non son asuntos nos que teña que
reflexionar»; de feito, Carlos G. Reigosa nin foi consciente. Ata discutiu que
o seu fose o xénero negro, el quería facer novela popular, de intriga, «cousa
que se viña facendo de antigo, desde As mil e unha noites, e despois con Crime
e castigo ou O estranxeiro». Nada tiña que ver cos mestres norteamericanos
Hammett e Chandler, con aquilo que saíu da revista Black Mask e que os
franceses chamaron noire. Hai dez anos rendeuse, se a xente lle chama novela
negra á intriga das pesquisas de Agatha Christie ou o pai Brown (Chesterton),
pois Crime en Compostela tamén o sería.
Reigosa só trataba de enganchar
ao lector, «de acabar con aquilo que todos dicían entón sobre o difícil que era
ler a literatura galega». E apunta unha anécdota (di que quen mellor a contaba
era Diego Bernal): «Un día en que, recén apeado do Castromil, Otero Pedrayo
tomaba un café no seu bar de sempre na compostelá rúa da Senra, camiño das súas
clases, un home achegóuselle por detrás, tocoulle un ombreiro e espetoulle
??don Ramón Otero Pedrayo, o seu galego é un galego de carallo??». Pois ben,
Reigosa quería que a xente lera con interese a súa novela, seducila ata o
final. E abofé que conseguiuno.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/02/06/trinta-anos-novela-negra-galega/0003_201402G6P37991.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario