Morre aos 76 anos o poeta e
ensaísta Félix Grande
Nacido en
Mérida (Badaxoz) en 1937, desde os dous anos ata os vinte Félix Grande
viviu en Tomelloso (Cidade Real), onde será enterrado mañá. Estaba considerado
como un dos grandes renovadores da poesía. Recibiu o premio Nacional
de Poesía (2004) e o premio Nacional de Flamencología (1980).
Na súa
mocidade, o poeta empregouse en diversos oficios ata que en 1961 entrou a
formar parte da revista cultural Cadernos Hispanoamericanos, onde
traballou durante 35 anos, 13 deles como director. Durante o período 1969-71,
dirixiu a colección de libros A ponte literaria, da editorial Edhasa, e
en 1989 estivo á fronte da revista de arte Galería. Tamén coordinou
cursos sobre flamenco en varias universidades e diferentes institucións
españolas. Autor prolífico, a súa obra, que inclúe poesía, ensaio, novela e
teatro, foi traducida a unha ducia de idiomas.
No 2012
publicou a súa última obra, o poemario Libro de familia, un dos seus
libros máis libres e no que reflicte os alicerces da súa vida: a súa infancia,
a súa nai, a súa muller, a poeta Francisca Aguirre, o pai da súa muller, a
música de Bach, o flamenco, Antonio Machado e Cesar Vallejo.
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarGiaonhan247 chuyên dịch vụ mua hàng mỹ từ dịch vụ order hàng mỹ hay nhận mua nước hoa pháp từ website nổi tiếng hàng đầu nước Mỹ mua hàng ebay ship về VN uy tín, giá rẻ.