Bye,
Doris !
Morre en Londres Doris Lessing aos 94 anos. Marabillosa
escritora con unha fascinante e orixinal mente. Muller viaxeira, libre
pensadora e comprometida. Recibiu o Premio Nobel en 2007.
Autora de máis de 50 novelas incluíndo The Golden Notebook (1962) que fixo de
Lessing unha icona da liberación feminina e The
Grass is Singing (1950), ademais de varios libros de poesía. Os temas máis comúns van dende o misterio de
ser muller ata o descoñecido mundo da ciencia ficción.
Lessing é considerada unha das escritoras máis influentes
do século pasado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario