8.3.13

“ONE WOMAN”


Soados cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, desde China a Costa Rica, desde Malí a Malaisia, mulleres e homes, reuníronse para divulgar unha mensaxe de unidade e solidariedade: somos "One Woman", unha soa muller.
  


Esta canción, que se presentará no Día Internacionalda Muller, o 8 de marzo de 2013, é un clamor que inspira a quen a escoita, e que anima a promover os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero. “One Woman” escribiuse para ONU Mulleres, a organización internacional defensora das mulleres e nenas de todo o mundo, para recoñecer a súa visión e traballo a favor da mellora das vidas das mulleres en todo o mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do Naturismo Galego

  ⚠️📣 O alumnado de #BioloxíaeXeoloxía de #1ºdeESO do @ies.cabo.ortegal conmemorou este #9demarzo o #DíadoNaturismoGalego cunha mostra...