![]() |
| BNE |
Cúmprense cen anos da aparición da primeira muller
bibliotecaria. Trátase de Angelita García Rives, que aprobou o ingreso no Corpo
Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, cunha praza de
oficial de terceiro grao, o 26 de xullo de 1913.
Un ano máis tarde, en xullo do 1914, ingresaba,
mediante concurso na Biblioteca Nacional de España (BNE), xunto a outro
compañeiro de oposicións, o escritor e xornalista Manuel Machado.
Desde
entón, Angelita pasou corenta e seis anos da súa vida traballando na BNE.
Lémbralla
como unha muller miúda, de aspecto fráxil, moi respectada polos seus
compañeiros e extremadamente educada e correcta.
Como dato curioso, e segundo as estatísticas, hoxe
en día, o número de bibliotecarias triplica o dos seus compañeiros masculinos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario