Ortegalendo
Blog da Biblioteca do IES Cabo Ortegal (Cariño)
23.1.26
19.1.26
Novidades na Biblio!
⚠️📣 E para retomar a hora de ler noeste trimestre, aquí vos presentamos algunhas novidades que xa podeses coller no carro que está á entrada da biblio!
Non perdades a oportunidade e vide descubrir novos mundos! 🌏🌎🌍🚀
14.1.26
Nova Hora de Ler (2º trimestre)
⚠️📣 Volve a #Horadeler ao IES Cabo Ortegal!
Podedes consultar nas portas das vosas aulas o calendario completo para #segundotrimestre 🗓️
Lembrade
que podedes aproveitar esta actividade para ler calquera cousa que
queirades: libros que traiades das vosas casas, exemplares das
bibliotecas de aula, as lecturas obrigadas que teñades que facer ou
calquera texto que vos fornezan os docentes.
20.12.25
Festival de Nadal
O 20 de decembro o IES Cabo Ortegal celebrou na Casa da Cultura de Cariño o seu traicional Festival de Nadal.
Participou o alumnado de 2º de ESO, 3º de ESO, 4º de ESO e 1º de BACH. Houbo bailes, cancións instrumentais, cancións vocais e entrega de regalos ás persoas gañadoras dos distintos concursos realizados no centro.
Alén disto, o profesorado tamén participou pechando o festival cun baile. Deixámovos unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron todos e todas.
Chegou o Nadal
⚠️📣 A nosa biblioteca está preparada xa para a chegada do Nadal!
Este
curso a montaxe da árbore correu a cargo do alumnado que acaba de
chegar e o que se está preparando para partir. Moitas grazas, pois, ao
alumnado de 1º de ESO e ao de 2º de Bach 🎄.
Tamén hai que
agradecer ao alumnado de 1º de Bach a axuda para decorar a biblioteca e
para a montaxe dunha árbore coas fotos da nosa comunidade educativa.
Voltaremos en xaneiro con máis actividades e lecturas! 📚
Que teñades unhas felices festas e que o Apalpador vos traia moitos regalos. Próspero ano 2026!
2.12.25
Bioloxía no Ortegal: células e placas tectónicas
⚠️📣 O
alumnado de Bioloxía de 1º de ESO e de 3º de ESO realizou un traballo
sobre a célula 🧬, mentres que o de 1º de Bach realizouno sobre as
placas tectónicas terrestres 🌎.
Ambos os dous traballos están xa expostos no corredor do centro para o desfrute de toda a comunidade educativa 🤎.
27.11.25
Último recreo científico
Onte, Asier, Anxo, Hugo e Mateo levaron a cabo o seu experimento 'A serpe do faraón: química que cobra vida'. Aquí vos deixamos unhas imaxes del.
Moitas
grazas chicos!! 🐉🧨🥼👨🔬
25.11.25
25-N
⚠️📣 Hoxe no IES Cabo Ortegal estivemos a celebrar todas o 25-N, o Día contra as Violencias Machistas 💟✊🏽.
Desde
o Departamento de Orientación do noso centro organizouse unha
actividade en que o alumnado, a través das titorías e durante o recreo,
foi enchendo un corazón con palabras que curan ❤️🩹.
A seguir, dirixímonos ao Concello de Cariño para asistirmos a un acto de toda a comunidade educativa, onde se deron lectura de diferentes manifestos: do #ConcellodeCariño, en voz da súa alcaldesa; das profesoras do IES, representadas por Patricia; das alumnas de 1º de Bacharelato (Nahia, Vania, Melisa e Saray); e das alumnas de 2º de Bacharelato (Laura, Carmen e Andrea).
A loita continúa 💟✊🏽!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Recomendacións do mes (xaneiro)
⚠️📣 Chegan ao noso instituto as Recomedacións do mes. Parte do voluntariado da biblioteca fannos achegas sobre música, libros e peodutos ...
-
2013, ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA mathematics O ano 2013 foi declarado o Ano das Matemáticas do Planeta Terra polos insti...
-
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
-
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colabora...