25.11.25

25-N

⚠️📣 Hoxe no IES Cabo Ortegal estivemos a celebrar todas o 25-N, o Día contra as Violencias Machistas 💟✊🏽.

Desde o Departamento de Orientación do noso centro organizouse unha actividade en que o alumnado, a través das titorías e durante o recreo, foi enchendo un corazón con palabras que curan ❤️‍🩹.

 

 


A seguir, dirixímonos ao Concello de Cariño para asistirmos a un acto de toda a comunidade educativa, onde se deron lectura de diferentes manifestos: do #ConcellodeCariño, en voz da súa alcaldesa; das profesoras do IES, representadas por Patricia; das alumnas de 1º de Bacharelato (Nahia, Vania, Melisa e Saray); e das alumnas de 2º de Bacharelato (Laura, Carmen e Andrea).



A loita continúa 💟✊🏽!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nova Hora de Ler (2º trimestre)

⚠️📣 Volve a #Horadeler ao IES Cabo Ortegal! Podedes consultar nas portas das vosas aulas o calendario completo para #segundotrimestre 🗓️...