5.10.26

Recreos de xogos


⚠️📣 Comezan no IES Cabo Ortegal os #Recreosdexogos!!!

 

Durante os recreos do primeiro #mércores de cada mes, xogaremos na biblioteca a un #xogodemesa diferente en cada ocasión.

 

Anímate a participar!  

 #bescolaresgal 

2.10.26

Día Europeo das Linguas


⚠️📣 Debido a que o #DíaEuropeodasLinguas26 se celebrou o pasado sábado 25 de setembro, aproveitamos a nosa #Horadeler para conmemorar esta efeméride cunha #lecturapartillada.

Desta volta escollemos un texto de Séchu Sende titulado "Unha palabra común", que pertence á súa obra Made in Galiza. 

Despois da lectura, cada grupo fixo algunhas tarefas sobre o texto baseadas na #reflexiónecomprensión.

#bescolaresgal

 

 

28.9.26

Lecturas partilladas

⚠️📣 Comezan no IES Cabo Ortegal as #Lecturaspartilladas!!!
 
O #venres de cada semana, durante a #Horadeler, todo o centro compartirá unha lectura e unha reflexión sobre ela.
 






Comezo da Hora de ler


⚠️📣 Xa comezou o #curso2026/2027 e xa nos tardaba tamén en comezar a #Horadeler! 📚

Esta semana comezaremos na 1ª! Procurade levar algunha obra de casa para ler neste primeiro día. E lembrade que podedes ler calquera xénero que vos apeteza!

E estade atentos e atentas, porque para o venres temos preparada unha actividade para todo o insti a esta hora ⁉️.

Desfrutade e aproveitademoito deste pequeno grande pracer! 🎉

#bescolaresgal #comprensiónlectora #PLEA

17.6.26

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado de #Infantil.

Representaron tres #contos da nosa tradición en #linguagalega: Cocorico, Corre, corre, cabaciña e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxe e reencontros, en que os máis pequenos gozaron das historias e os maiores demostraron o seu compromiso, creatividade e cariño.

 

#bescolaresgal

 
       




10.6.26

Novidades na Biblioteca

⚠️📣 Pois estas son as últimas #novidades que adquiriu a biblioteca mediante o programa #PLAMBE2526.

Algúns destes exemplares veñen substituír outros que tiveron que ser expurgados, mentres que outras adquisicións son a resposta á petición do noso alumnado.

Xa podedes desfrutar delas!

 
#bescolaresgal


8.6.26

Recomendacións do mes (maio)

⚠️📣 O alumnado voluntario da biblioteca procurou esta vez as #recomendaciónsdomes entre os membros do profesorado. Velaí vos van!

🎥 El maestro que prometió el mar


📚 Todo el azul del cielo


🎤 Teresa y Andrés



#bescolaresgal

Recomendacións feitas a cargo de @paatrivarela, @danielacostaa_8 e @zairarubido_.


1.6.26

O xornal dos superviventes de 1º

⚠️📣 Chega unha nova publicación ao noso centro: “O xornal dos superviventes de 1º”.

O alumnado de #1ºdeESO da materia de #ProxectoCompetencial elaborou este novo xornal.



Podedes lelo en liña a través do #códigoqr ou ver os exemplares que hai polo centro, un deles, na biblioteca.

  


#bescolaresgal

29.5.26

Novos xogos na Biblioteca

⚠️📣 Estas son as últimas #novidades da biblioteca no que a #xogosdemesa se refire, adquiridas grazas ao #PLAMBE2526.

 
Vide desfrutar deles e pasade un momento divertido cos vosos compañeiros e compañeiras! 🥳

#bescolaresgal


22.5.26

Recreos lúdicos na Biblioteca

⚠️📣 Durante os últimos catro últimos venres do curso tivemos na biblioteca as xornadas de #recreosdexogos. 

Estas xornadas enmárcanse dentro do #PFPP, mediante o que o profesorado se forma sobre distintos cuestións.







19.5.26

Scape Room de 2º de ESO

⚠️📣 O alumnado de #ProxectoCompetencial de #2ºESO leva preparando durante este trimestre un #ScapeRoom para facer co resto do alumnado por todo o centro.

E andiveron a procurar pistas polos estantes e os libros da nosa biblioteca 🔎.

 





#bescolaresgal #alumnadocreativo

18.5.26

Roteiro polas conserveiras de Cariño

⚠️📣 E despois do #microaberto de Pablo Fraguela durante o recreo, as alumnas de #Francés de 1º de Bach foro pola vila na procura dos restos e localizacións das diferentes  conserveiras que nela había.

Unha marabilla o poder (re)descubrir a historia socioeconómica da nosa comunidade!

 







#bescolaresgal #historiadunhavila #conserveiras

Recreos de xogos

⚠️📣 Comezan no IES Cabo Ortegal os #Recreosdexogos!!!   Durante os recreos do primeiro #mércores de cada mes, xogaremos na biblioteca a un ...