11.4.25

Contacontos con Paula Carballeira


 


O pasado venres, 4 de abril, recibimos na Biblio a visita de Paula Carballeira, que dinamizou unha sesión de contacontos dirixida ó alumnado de 1º e 2º da ESO. 

Paula fixo desfrutar cos seus contos de medo á rapazada e provocou algún que outro berro de terror. O que non sabemos é se todos foron capaces de durmir esa noite! 😵☠️



A actividade foi organizada conxuntamente polo EDLG, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...