8.2.21

11 F. Ciencia en feminino

SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA NO IES CABO ORTEGAL

 

O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data na que se pretende visibilizar os obstáculos cos que se atopan aínda hoxe as mulleres e as nenas para acceder ós terreos da ciencia e da tecnoloxía e acadar un recoñecemento polo seu labor. 

Ó longo da historia, foron ignorados os achados de moitas científicas simplemente polo feito de seren mulleres. É o que se coñece co nome de Efecto Matilda, en honor a Matilda Joslyn Gage, que denunciou esta situación. Animámosvos a ver un interesante vídeo sobre este tema picando aquí

As mulleres desenvolven un papel fundamental na ciencia, ó igual cós homes, e se queremos lograr o avance científico debemos aproveitar as capacidades e o talento de tódalas persoas. Para contribuír á visibilización do traballo das científicas e achegarnos a algunhas das figuras femininas máis importantes deste eido, o Club de Ciencias, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propoñémosvos un xogo de pistas para os próximos días:


Durante esta semana (do 8 ó 12 de febreiro) iremos publicando diariamente na cristaleira exterior da Biblioteca unha serie de pistas para descubrir o nome de cinco científicas (haberá dúas categorías con cinco científicas ocultas para cada unha). Cada día daremos unha pista nova para cada unha das científicas e cada alumnx ou parella participante terá unha oportunidade de resposta. A primeira persoa ou parella que descubra as cinco científicas da súa categoría gañará o concurso (e un fantástico premio!). Podedes ler a información completa sobre o xogo na seguinte imaxe:



Un conselliño: na Biblio hai varios libros que vos poden resultar ben útiles para descubrir as nosas científicas ocultas!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redon...