19.1.21

Inicio do voluntariado na Biblioteca

INICIO DO VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA


Esta semana incorpórase á Biblioteca o noso Equipo de voluntarias e voluntarios! A partir de agora atoparédelos nos recreos e axudaranvos no que precisedes. 

A incorporación farase de maneira progresiva e, para garantir as medidas de seguridade, creamos pequenos grupos por niveis, que traballarán nos recreos asignados segundo o horario pendurado na porta da Biblio. 

Esta primeira semana comezamos coa formación. Na Biblio xa o temos todo preparado. Estámosvos agardando, Equipo!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redon...