22.5.14

As linguas gaélicas uniron a Europa atlántica antes do latín

    «O que pretendemos deixar claro co noso traballo é que outrora, en épocas non tan remotas como chegamos a crer, existiu unha clara relación entre Irlanda, Escocia, a illa de Man e Galicia. Foi unha relación tan clara, que cremos que compartiron cultura e lingua ao longo de moitos séculos». Isto sosteñen os responsables do Proxecto Gaelaico, unha iniciativa privada na que traballan desde hai oito anos un grupo de estudiosos galegos de diversas disciplinas xunto con James Durán, doutor en lingüística pola Universidade de Stanford e durante doce anos profesor de lingüística gaélico-irlandesa nas universidades de Cork e Galway. Unha plataforma ( www.progael.com) difunde este proxecto.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...