31.1.14



Morre aos 76 anos o poeta e ensaísta Félix Grande
Nacido en Mérida (Badaxoz) en 1937, desde os dous anos ata os vinte Félix Grande viviu en Tomelloso (Cidade Real), onde será enterrado mañá. Estaba considerado como un dos grandes renovadores da poesía. Recibiu o premio Nacional de Poesía (2004) e o premio Nacional de Flamencología (1980).
Na súa mocidade, o poeta empregouse en diversos oficios ata que en 1961 entrou a formar parte da revista cultural Cadernos Hispanoamericanos, onde traballou durante 35 anos, 13 deles como director. Durante o período 1969-71, dirixiu a colección de libros A ponte literaria, da editorial Edhasa, e en 1989 estivo á fronte da revista de arte Galería. Tamén coordinou cursos sobre flamenco en varias universidades e diferentes institucións españolas. Autor prolífico, a súa obra, que inclúe poesía, ensaio, novela e teatro, foi traducida a unha ducia de idiomas.
No 2012 publicou a súa última obra, o poemario Libro de familia, un dos seus libros máis libres e no que reflicte os alicerces da súa vida: a súa infancia, a súa nai, a súa muller, a poeta Francisca Aguirre, o pai da súa muller, a música de Bach, o flamenco, Antonio Machado e Cesar Vallejo.

1 comentario:

  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ mua hàng mỹ từ dịch vụ order hàng mỹ hay nhận mua nước hoa pháp từ website nổi tiếng hàng đầu nước Mỹ mua hàng ebay ship về VN uy tín, giá rẻ.

    ResponderEliminar

IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redon...