9.12.12



PULLUS NICOLELLUS, LE PETIT NICOLAS EN LATÍN



"Le petit Nicolas", colección de libros ilustrados nos que René Goscinny e Jean-Jacques Sempé narraban as aventuras cotiás dese neno e os seus amiguetes, publicouse por primeira vez en latín, cunha versión que pretende facer máis entretido o estudo desa lingua.
"Pullus Nicolellus" saíu á venda en Francia o pasado 9 de novembro dirixido aos máis de 500.000 alumnos que segundo a editorial Imav estudan latín no país, dos cales "moitos descubriron o pracer da lectura" a través da súa particular maneira de ver a vida.

O libro, de 104 páxinas, recolle oito capítulos incluídos nunha das súas últimas publicacións, as historias inéditas, e foi traducido por Élisabeth Antébi e Marie-France Saignes, que recoñecen que axustarse á versión orixinal foi "un desafío"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Festival de Entroido 2026

⚠️📣 Hoxe celebrouse o Festival de Entroido ‘26 no pavillón do instituto 🎭. Participaron todos os grupos do centro: - 1º de ESO fixo un vid...