11.11.25

O IES Cabo Ortegal celebra o Magosto

⚠️ 📣 O día 10 de novembro celebrouse o Magosto no IES Cabo Ortegal!

E alén de comer castañas 🌰, tamén houbo música tradicional 🎵🎶, xogos tradicionais e… moitas risas!🤣😂

Moitas grazas a Soco por ter xestionado o evento e conseguir as 🌰🌰; á ANPA Beiramar por ter axudado a pelar e repartir as 🌰🌰; ao noso castañeiro Martín por ternos asados as 🌰🌰; á Banda do Patio, baixo a dirección da nosa exalumna Sabela Pérez, por poñer música ao baile e á danza de arcos; 

a Antonio, do Departamento de Educación Física, por ter organizado os xogos tradicionais; ao alumnado de 1º de Bach por se ter involucrado na organización e desenvolvemento da festa;

 

e, en definitiva, a todas as que participaron dun xeito ou doutro. 

Foi unha xornada xenial!

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VI Edición do Concurso En Busca do Enigma Perdido

Neste #mesdaciencianasbibliotecas non podía faltar o noso tradicional concurso 'En busca do enigma perdido', que xa vai pola súa se...