4.4.25

Teatro no Cole!





O pasado venres o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO volveu ó Cole para asistir a unha representación teatral a cargo do alumnado de 6º de Primaria con motivo do Día do Teatro 🎭 (27 de marzo). Estes pequenos grandes actores e actrices fixéronnos gozar coa súa interpretación provocando as nosas gargalladas.

Trala función, recibiunos a Directora do Colexio, Deli, que nos amosou as novidades do centro. O noso alumnado tivo a oportunidade tamén de visitar algunhas e algúns dos seus antigos profes 👩🏻‍🏫👨🏻‍🏫.




Dámoslle as grazas dende aquí a todo o persoal do Colexio de Cariño por recibirnos con tanto agarimo e, sobre todo, ás estrelas de 6º de Primaria polo seu fantástico traballo sobre o escenario 👌🏻⭐.


A actividade foi organizada en colaboración coa Biblioteca do Colexio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Novidades na Biblio!

⚠️📣 E para retomar a hora de ler noeste trimestre, aquí vos presentamos algunhas novidades que xa podeses coller no carro que está á entr...