Caldo de Gloria polo Día de Rosalía
Hoxe, 21 de febreiro, é o Día Internacional da Lingua Propia e aproveitamos para celebrar tamén o Día de Rosalía, que terá lugar este domingo 23.
Como vén sendo tradición nos últimos cursos, homenaxeamos á nosa autora máis senlleira degustando un Caldo de Gloria🥣 inspirado no poema "Miña casiña, meu lar", de Follas novas, elaborado coa inestimable axuda da nosa conserxe Juani e servido pola nosa Gloria particular.
Como acompañamento a este manxar, desfrutamos dun recital de textos da autora a cargo do alumnado.
Queremos aproveitar para agradecer a toda a rapazada participante que lle puxo voz ós versos de Rosalía, a Juani por prepararnos esta saboroso caldo, a Gloria por servírnolo e a tódalas persoas que colaboraron dunha ou doutra forma no acto.
E dende aquí desexamos un futuro próspero para a nosa lingua, que esperamos que siga sendo a Lingua Propia de moitas galegas e galegos por moitos anos máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario