Onte, a nosa exalumna María Corral volveu ó insti para compartir connosco un Recreo de Micro Aberto no que nos contou a súa experiencia como futbolista profesional.
María tivo unha vida ligada ó fútbol que a levou a viaxar e establecerse en distintos países para xogar. Actualmente está de volta en Galicia e exerce como adestradora.
Contounos, entre outras cousas, como foi para ela compaxinar os estudos co deporte a alto nivel, falounos da súa experiencia no estranxeiro e das súas facetas como xogadora e adestradora. Tamén reflexionou sobre a situación actual do fútbol feminino e transmitiunos as súas aprendizaxes e consellos. Quedamos cun deles: a importancia de relativizar as cousas e de desfrutar do camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario