6.2.24

Micro Aberto coas... profesoras do Club de Ciencia!


O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data na que se pretende visibilizar os obstáculos cos que se atopan aínda hoxe as mulleres e as nenas para acceder ós terreos da ciencia e da tecnoloxía e acadar un recoñecemento polo seu labor.
Ó longo da historia, foron ignorados os achados de moitas científicas simplemente polo feito de seren mulleres. É o que se coñece co nome de Efecto Matilda, en honor a Matilda Joslyn Gage, que denunciou esta situación. Animámosvos a ver un interesante vídeo sobre este tema picando aquí.
Para visibilizar o labor das mulleres no eido da ciencia, esta semana a nosa Biblio acolle dous Recreos de Micro Aberto moi especiais arredor desta temática. O primeiro deles tivo lugar esta mañá e as protagonistas foron as profes do Club de Ciencias. Elisa, Noelia, Patri, Bea, Gloria e Cris compartiron connosco un anaquiño das súas vidas. Contáronnos as súas experiencias como estudantes e traballadoras do ámbito científico 👩🏻‍🔬♀️, un eido no que a miúdo faltan referentes para as nenas porque a presenza das mulleres adoita quedar nun segundo plano.

     

Dende aquí facemos nosas as palabras de Cris e reivindicamos que todas e todos poidamos dedicarnos ó que nos gusta e, por suposto, tamén ás ciencias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...