COMEZA O MES DA CIENCIA!
Sabemos que o estabades agardando!
Hai uns días iniciamos novembro, o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e con el comeza... a IV edición do noso concurso de enigmas En busca do enigma perdido !
Poñede as cabeciñas a funcionar que o vindeiro martes 21 comezamos!
Serán dúas semanas (do martes 21 ó venres 24 e do martes 28 ó venres 1) cheas de enigmas científicos e lingüísticos para todo o alumnado.
Estades atentxs á entrada da Biblio porque cada día deixarémosvos alí un novo enigma de cada categoría para resolver, a solución do do día anterior e a táboa coa clasificación.
Animádevos a participar!!
A actividade está organizada en colaboración co Club de Ciencias e o EDLG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario