Nos primeiros días do curso, a rapazada de 1ºESO participou nunha sesión de formación cos profes do Equipo da Biblioteca. Nela, coñeceron as instalacións e as normas de uso e, a través dun xogo por equipos, aprenderon a buscar os materiais que precisan e o que teñen que facer para levalos prestados.
Tamén aproveitamos para facerlles entrega dos seus números de lector e para conversar con eles sobre os seus gustos literarios. E démoslles a coñecer as iniciativas que desenvolvemos na súa nova Biblio (Hora de ler, Clubs de lectura, voluntariado, concursos...).
Ningún comentario:
Publicar un comentario