Éxito da actividade do Día das Escritoras!
O pasado luns, 16 de outubro, conmemoramos o Día das Escritoras, unha data para visibilizar o labor da muller no eido literario.
Xunto co EDLG, organizamos un reto-xincana de pistas pola Biblioteca e os seus arredores durante o recreo. A planta baixa do instituto encheuse de detectives na procura das pistas agochadas para atopar, no menor tempo posible, a nosa escritora misteriosa.
O alumnado demostrou ser ben espelido e logrou atopar en tempo récord a autora oculta, que resultou ser Luísa Villalta, á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2024.
E por suposto, non faltaron tampouco as boas lecturas para este día. Na entrada da Biblioteca instalamos unha mesa de obras de autoría feminina ou de temática feminista seleccionadas polo Equipo da Biblio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario