28.9.23

Día Europeo das Linguas


26 de setembro. DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

 
Empezamos o curso con forza conmemorando o Día Europeo das Linguas, unha xornada para reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística.
A Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estamos levando a cabo varias iniciativas para visibilizar e festexar esta riqueza cultural. Se queres saber máis... sigue lendo!
 


👅 Colocamos no corredor da planta baixa un mapa xigante no que situar as diferentes linguas de Europa.

👅 Creamos unha playlist colaborativa para compartir cancións en distintos idiomas coas achegas que nos estades a enviar de xeito físico e mais a través do noso instagram. Podes escanear o código QR e acceder a ela. 🎶

 

👅Tamén colocamos un taboleiro con noticias de actualidade no que compartimos novas de xornais europeos que tratan a cuestión da introdución das linguas cooficiais no Congreso.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...