MICRO ABERTO CON... SUSO!
Esta semana tivo lugar un novo Recreo de Micro Aberto. O convidado desta vez foi o noso veciño Suso Hevia, avó dunha alumna de 1º de Bacharelato.
Coma tódolos nenos da súa xeración, Suso medrou nun Cariño marcado pola posguerra, as dificultades económicas e a actividade conserveira, na que un rapaz dificilmente podía soñar con marchar estudar á cidade.
Demostrando unha gran memoria, Suso contounos como eran no seu tempo a escola, as festas, a comida e, en definitiva, a vida dun neno en Cariño.
Que interesante foi todo canto nos contou e que fermoso é ver ó alumnado compartir historias coas súas familias e veciñanza. Temos sorte de poder acceder a estes testemuños.
GRAZAS, SUSO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario