OBRADOIRO DE COCIÑA: "CAMBIO CLIMÁTICO NO PRATO"
Na Biblio gústanos experimentar. Literatura, música, ilustración, ciencia e tecnoloxía... e, desta vez, chegoulle a quenda á cociña!
Quen dixo que cociñar fose complexo ou aburrido? O cociñeiro Alejandro Iglesias demostroulle ó alumnado de 1º de Bacharelato que a cociña pode ser tamén divertida e sostible.
No obradoiro "Cambio climático no prato", desenvolvido onte pola mañá na cafetería do centro, ensinoulles, aplicando un enfoque integral, como preparar partos moi saborosos usando produtos de km0 e tendo en conta o ciclo de vida dos alimentos. O obxectivo é promover a reflexión sobre o consumo enerxético, a pegada hídrica e a economía local e tomar decisións máis acertadas sobre a saúde das persoas e do planeta.
Que ben o pasaron os participantes e que bo estaba todo canto prepararon!
Agradecémoslle ó Concello de Cariño por colaborar coa Biblioteca para facer posible esta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario