25.4.23

Libros en adopción!


ADOPTA UN LIBRO! (ou tódolos que queiras 😉)


Na Biblio estamos mercando e renovando libros constantemente e para iso precisamos facer sitio nos andeis. Axúdasnos?

Con motivo do Día do Libro, celebrado o pasado domingo 23, esta semana iniciamos a campaña "Adopta un libro", coa que poñemos a disposición do alumnado, do profesorado, das familias e da veciñanza unha selección de exemplares para darlles unha segunda vida. 

Pasade pola mesa que está diante da Conserxería, botádelle un ollo ós libros expostos e levade para a casa os que máis vos presten. 

SON GRATIS!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...