13.3.23

I Micro Aberto


MICRO ABERTO CON... MIMÍ!

Nesta semana da Muller 💜, inauguramos os Recreos de Micro Aberto con Mimí, avoa dunha alumna de 4º da ESO que veu compartir con nós a súa experiencia como muller emigrante que combinou o traballo dentro e fóra da casa.

Mimi logrou captar a atención do público e mantívonos ensimesmados escoitando a historia da súa vida, que transcorreu entre diversos países. A adaptación a distintas linguas e culturas e a aprendizaxe de distintos traballos conxugouna co coidado de dous fillos e coa morriña do seu Cariño natal. 

Encantounos falar con ela e estamos desexando que volva!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Adopta un libro (Edición Cariño)

⚠️📣 A Biblioteca Municipal do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 e o 𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 promoven esta iniciativa de integrac...