8M.
Un día para visibilizar a loita
que levamos ás aulas o resto de días 💜
Para conmemorar esta data, estes días estanse levando a cabo no instituto varias actividades dende distintos departamentos ou equipos, entre os que se inclúe a Biblioteca.
Comezamos renovando o mural do noso Recuncho violeta. Andrea Pérez e Janire Adrián, de 3º ESO, foron as encargadas desta tarefa, agasallándonos con esta marabilla:
Tamén instalamos fronte á Conserxería unha mesa temática cunha selección de lecturas e películas feministas para que calquera membro da comunidade educativa leve o que queira.
👂💜👂
Por último, para porlle banda sonora a esta conmemoración, elaboramos unha lista de reprodución colaborativa en Spotify con cancións e artistas feministas grazas ás achegas que nos fostes facendo chegar a través da nosa conta de instagram. A lista, chamada SORORIDADE (pica para acceder a ela), estará soando á entrada e á saída das clases e durante os recreos de toda a semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario