31.1.23

Volve o Sabichómetro!


Chega por fin...

 


  

A revista con tódalas novas do IES Cabo Ortegal!

  

Logo duns cursos marcados polas restricións COVID, o noso Sabichómetro volve ó formato físico e vén con novidades! 👀

Cada trimestre aparecerá un novo exemplar recompilando as actividades, excursións, e acontecementos máis destacados que facemos no Centro. Ademais, inclúe un apartado de pasatempos e unha entrevista a algún personaxe interesante que circule polos nosos corredores!

E, como novidade, agora, ademais de atopar este boletín na biblioteca e nas zonas comúns do instituto, toda a veciñanza terá acceso a el e poderá atopalo en distintos puntos da vila (Biblioteca Municipal, comercios, bares, salóns de peiteado...).

 


Búscao. Seguro que saes nalgunha foto! 😉


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Adopta un libro (Edición Cariño)

⚠️📣 A Biblioteca Municipal do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 e o 𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 promoven esta iniciativa de integrac...