23.2.23

Día de Rosalía


23 F. DÍA DE ROSALÍA

 
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA PREPARANDO UN CALDO DE GLORIA 🍲


Esta mañá conmemoramos o nacemento da nosa poeta máis ilustre🌹.

A nosa Gloria particular preparounos durante o recreo na entrada do instituto un auténtico Caldo de Gloria, inspirado no poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", de Follas novas. No texto, unha muller pobre chega á súa casa mollada e esfameada e, a pesar de que os seus veciños lle negan axuda, consegue o milagre de facer un humilde caldo de gloria.

Carlos foi quen lle puxo voz ó acto coa lectura dalgúns poemas de Rosalía.

Como ulía a gloria todo o instituto esta mañá!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Adopta un libro (Edición Cariño)

⚠️📣 A Biblioteca Municipal do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 e o 𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 promoven esta iniciativa de integrac...