10.2.23

11 F


DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA



Mañá é 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data na que se pretende visibilizar os obstáculos cos que se atopan aínda hoxe as mulleres e as nenas para acceder ós terreos da ciencia e da tecnoloxía e acadar un recoñecemento polo seu labor. 

Ó longo da historia, foron ignorados os achados de moitas científicas simplemente polo feito de seren mulleres. É o que se coñece co nome de Efecto Matilda, en honor a Matilda Joslyn Gage, que denunciou esta situación. Animámosvos a ver un interesante vídeo sobre este tema picando aquí



Para visibilizar o labor das mulleres no eido da ciencia, xunto co Club de Ciencias e o EDLG, esta mañá convidamos ó Centro a tres antigas alumnas que cursan ou cursaron estudos científicos para conversar coa rapazada de 4º da ESO e de Bacharelato sobre a súa experiencia.







Eva, Laura e Miriam, contáronlle á rapazada como é ser muller no ámbito científico, tanto no eido académico como laboral. Foi un pracer escoitalas! 


GRAZAS, RAPAZAS!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...