2.11.22

Resumo Samaín 2022



🎃 ASÍ FOI O SAMAÍN 2022! 🎃


Dicímoslle adeus ó mes de outubro cun resumo das actividades que realizamos a semana pasada para festexar o Samaín:

O martes 25 iniciamos os "Recreos de Medo"👻 con David e Mónica, voluntarios da Biblio de 2º BAC, e os "papirocontos" de medo que nos prepararon. 




E así pasamos o mércores tamén, contando e escoitando máis historias da man do alumnado e profesorado que se animou a compartilas co resto. 



Nahia, Paula, Adriana, Melisa, Vania, Noa, Andrea e Mara, de 2º ESO, representaron para nós o xoves a peza "Corre corre, cabaciña" 🎃. Contaron coa axuda de David, o noso profe de castelán, que puxo a nota musical.



E o venres rematamos a semana cun moi bo sabor de boca. O alumnado púxollo difícil a un xurado moi especial que tivo que escoller os mellores doces e cabazas dos nosos concursos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...