11.11.22

Concurso de enigmas 22-23

III EDICIÓN DE "EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO"

 

No marco do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas chega unha das vosas actividades favoritas do ano: o concurso En busca do enigma perdido, con enigmas científicos e lingüísticos para todo o alumnado

Poñede as cabeciñas a funcionar que o vindeiro martes 15 comezamos!

Serán dúas semanas (do martes 15 ó venres 18 e do martes 22 ó venres 25 de novembro) e desenvolveranse coma nos cursos anteriores. Estades atentxs á entrada da Biblio porque cada día deixarémosvos alí un novo enigma de cada categoría para resolver, a solución do do día anterior e a táboa coa clasificación.

Animádevos a participar!!

A actividade está organizada en colaboración co Club de Ciencias, o EDLG e o equipo Erasmus+.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Adopta un libro (Edición Cariño)

⚠️📣 A Biblioteca Municipal do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 e o 𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 promoven esta iniciativa de integrac...