18.10.22

Día das Escritoras: Reto encrucillado


17 DE OUTUBRO. DÍA DAS ESCRITORAS




Onte, 17 de outubro, celebrouse o Día das Escritoras 2022 e dende a Biblio e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxémoslle ó alumnado un reto. 

Debían descifrar os títulos dunha serie de obras de autoría feminina que se agochaban tras unhas emoticonas. E unha vez resoltos, tiñan que atopar eses libros na Biblio para descubrir o nome das súas autoras e resolver así un encrucillado no menor tempo posible.

A rapazada fixo un excelente labor de procura, sacando dos andeis da Biblio os nomes de moitas escritoras para que xa nunca máis volvan estar ocultos!


                                                                                      


Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...