FORMACIÓN DE USUARIXS DA BIBLIOTECA 2022-2023
A pasada semana levamos a cabo a formación dos novos usuarios da Biblioteca.
O alumnado de 1ºESO asistiu a dúas sesións coas profes do Equipo da Biblioteca nas que coñeceron as instalacións, as normas de uso e empréstito e aprenderon a buscar material realizando un xogo por equipos.
Tamén aproveitamos para facerlles entrega dos seus números de lector e para conversar con eles sobre os seus gustos literarios e sobre as actividades que desenvolvemos na Biblio (Hora de ler, Clubs de lectura, concursos...). Varias alumnas e alumnos ofrecéronse a colaborar connosco como voluntarixs e non podemos estar máis contentas!
Pola súa banda, o alumnado de Oratoria de 2ºESO acudiu ás diferentes clases durante todo o mes para explicarlles ó resto de grupos os cambios nas normas e no uso da Biblioteca escolar neste curso 📜.
Ningún comentario:
Publicar un comentario