1.4.22

Volve Exeria!

II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA



Xa está en marcha a II edición do Certame intercentros de microrrelato e fotografía Exeria, que nesta segunta edición está convocado conxuntamente polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Illa de San Simón (Redondela), en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e co Equipo da Biblioteca do IES Cabo Ortegal.

A temática proposta para esta edición é a pandemia e, como novidade, este ano outorgaranse dous premios independentes en cada categoría, un para o mellor microrrelato e outro para a mellor fotografía.

O prazo de presentación de traballos comprende do 1 ó 20 de abril.


Podes ler as bases completas do certame a continuación:




Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...