24.3.22

Con P de POESÍA

21 de marzo, DÍA DA POESÍA

O pasado luns, 21 de marzo, foi o Día da Poesía e quixemos celebralo sacándoa fóra das paredes do insti e compartindo uns versos coa nosa veciñanza. A rapazada de 1º ESO saíu a recitar unha selección de poemas a algúns dos lugares máis coñecidos da nosa vila.
 
 
 
Comezamos no colexio, unha das visitas máis emocionantes porque os nosos recitadores reencontráronse cos seus antigos profes e compañeiros. Dámoslle as grazas ás profes e á rapazada do cole por recibirnos e agasallarnos tamén coa lectura dalgúns textos 😍.
 
 
 
Do cole marchamos recitar ó super, ás tendas, ó banco, ós bares... Que ben o pasamos! Deixámosvos unha mostra:



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións de Nadal (II)

MAIS RECOMENDACIÓNS DE NADAL! Ángel, o noso profesor de Filosofía, non nos recomenda un libro, senón unha colección enteira!! Anímaste a ler...