SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O
11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,
unha data na que se pretende visibilizar os obstáculos cos que se atopan
aínda hoxe as mulleres e as nenas para acceder ós terreos da ciencia e
da tecnoloxía e acadar un recoñecemento polo seu labor.
Ó
longo da historia, foron ignorados os achados de moitas científicas
simplemente polo feito de seren mulleres. É o que se coñece co nome de
Efecto Matilda, en honor a Matilda Joslyn Gage, que denunciou esta
situación. Animámosvos a ver un interesante vídeo sobre este tema
picando aquí.
Para visibilizar o labor dalgunhas científicas, xunto co Club de Ciencias e o EDLG, este 11F propuxémoslle ó noso alumnado o reto de resolver un encrucillado no menor tempo posible. A información para resolvelo debían atopala nunhas cartas sobre mulleres científicas repartidas pola planta baixa, a primeira planta e o patio do centro.
Parabéns ás gañadoras e gañadores! Desfrutade dos vosos agasallos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario