CLUB DE LECTURA ORTEGALENDO 2021-2022
Pouco a pouco van comezando tódolos grupos do noso Club de Lectura Ortegalendo! 👏
Este ano temos cinco, destinados ó alumnado de tódolos cursos da ESO e de 1º BAC e dirixidos por profesoras de distintos departamentos. Están comezando a reunirse xa, pero están abertos a que calquera persoa se una en calquera momento curso. Se queres saber un pouco máis sobre eles, sigue lendo:
CLUB DE 1º ESO:
En
1º temos grandes lectores e lectoras este ano! É o grupo de lectura máis numeroso, con 11 membros, e vano dirixir conxuntamente Bea Rodríguez (Francés) e Laura Viñas (Inglés). As súas reunións terán lugar nos recreos dos xoves. Estes días andan decidindo cal será a primeira obra que lean este curso. Decantaranse por Pippi Mediaslongas ou comezarán co Diario de Greg?
CLUB DE 2º ESO:
O grupo de 2º é algo máis pequerrecho, pero xa decidiron que libro van ler! Comezarán con Invisible, de Eloy Moreno. Sen dúbida, un acerto! Estarán coordinados por Gloria (Matemáticas) e reuniranse os martes.
CLUB DE 3º ESO:
En 3º temos moitos seguidores da literatura fantástica que pasarán moi bos momentos lendo con Ana (Castelán). As súas reunión quincenais serán nos recreos dos mércores.
O grupo de 4º tamén é numeroso. Estará coordinado por Sara (Galego) e será un grupo de lectura compartida. Son arriscados e van comezar con poesía lendo a Aldaolado! Este grupo vaise reunir os xoves.
CLUB DE 1º BAC:
Os máis maiores de BAC xa teñen moita experiencia no Club de lectura e teñen moi claros os seus gustos lectores. Centraranse en dúas temáticas: a investigación policial e a fantasía. Estarán coordinados conxuntamente por Ana e Sara e as súas reunións terán lugar nos recreos dos luns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario